Axenda Urbana e Rural

do Porriño

2030

Que é a Axenda Urbana?

A Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible, aprobada por tódolos países de Nacións Unidas, expón 17 obxectivos (ODS) e 169 metas de carácter integrado que abarcan os ámbitos económico, social e ambiental.

O Plan de Acción da Axenda 2030 foi aprobado polo goberno de España en xuño de 2018 e nel, partindo da análise e diagnóstico da situación dos ODS en España, expóñense unha serie de accións. Unha das políticas máis relevantes identificada polo goberno de España é a Axenda Urbana Española.

A Axenda Urbana Española “é a folla de ruta que vai marcar a estratexia e as accións para levar a cabo ata 2030, para facer dos nosos pobos e cidades ámbitos de convivencia amables, acolledores, saudables e concienciados”.

A Axenda Urbana Española propón unha visión integrada, holística e transversal dos pobos e cidades para alcanzar un desenvolvemento sostible e integrado. Só mediante o impulso da elaboración dos plans de acción locais, ou axendas urbanas locais será posible alcanzar os obxectivos globais.

Axenda Urbana e Rural do Porriño

O desenvolvemento da Axenda Urbana do Porriño, contribuirá a evidenciar o compromiso municipal cos ODS da Axenda 2030 e, máis concretamente co ODS 11 e a implementación da Axenda Urbana Española.

Neste contexto, o primeiro paso para o futuro deseño da Axenda Urbana do Porriño foi a realización dunha análise e diagnose da situación actual do municipio.

A continuación elaborarase o marco estratéxico e o conseguinte Plan de Acción de maneira participada con todos os axentes do territorio, asegurando desta maneira que o documento final será un reflexo das capacidades e necesidades colectivas do municipio do Porriño.

Cales cres que deberían ser as prioridades do Porriño nos próximos anos?

Escoitámoste! No seguinte formulario podemos axudar a converter O Porriño na vila que queremos

Retos estratéxicos

1.

Territorio

2.

Modelo de cidade

3.

Cambio climático

4.

Xestión sostible dos residuos

5.

Mobilidade

6.

Cohesión social

7.

Economía urbana e Turismo

8.

Vivenda

9.

Innovación

10.

Gobernanza